O Concello de Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor, unha adquisición que supuxo un investimento de 16.504,34 euros e que foi posible grazas a unha axuda do Fondo de Compensación Ambiental.

A nova maquinaria foi adquirida en Talleres Cancelos, empresa situada no propio concello de Trabada, contribuíndo así tamén ao impulso da economía local.

Esta incorporación permitirá reforzar os traballos de desbroce que o Concello realiza ao longo de todo o ano, tanto nas vías municipais asfaltadas como nos camiños de terra, mellorando a eficiencia e a calidade do servizo prestado á veciñanza.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos renovando e mellorando a maquinaria municipal para ofrecer uns servizos públicos cada vez máis eficaces e adaptados ás necesidades do municipio”.

O rexedor engadiu que “esta adquisición permitiranos seguir mellorando os traballos de conservación e mantemento das vías municipais, ao tempo que apostamos por adquirir equipamento en empresas do noso concello, contribuíndo tamén ao desenvolvemento da economía local”.

Desde o Concello sinalan que esta actuación forma parte da aposta continua pola modernización dos medios municipais, co obxectivo de seguir prestando servizos de calidade á veciñanza.

 

Página anterior O Concello de Trabada reclama con urxencia á Xunta unha nova motobomba para garantir a seguridade fronte aos incendios

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados