O Concello de Trabada inicia as obras de mellora dos accesos á antiga escola de Fórnea

O Concello de Trabada inicia as obras de mellora dos accesos á antiga escola de Fórnea

O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de mellora dos accesos á antiga escola de Fórnea, actual local social da parroquia, cunha actuación destinada a mellorar tanto a seguridade como a accesibilidade e as condicións de uso deste espazo público.

Os traballos contemplan a substitución da antiga barandilla, que se atopaba deteriorada, por unha nova, así como a ampliación do espazo público situado xunto ao local social. Ademais, procederase ao hormigonado tanto do acceso ao edificio como da zona ampliada, creando un espazo máis cómodo e funcional para a veciñanza.

A actuación pode levarse a cabo grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo, que permite ao Concello continuar coa mellora dos espazos e equipamentos públicos das diferentes parroquias do municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que «seguimos traballando na mellora dos espazos públicos das nosas parroquias, neste caso actuando na contorna do local social de Fórnea para que a veciñanza conte cun acceso máis seguro, cómodo e axeitado».

Esta actuación dá continuidade aos traballos realizados nos últimos meses na parroquia de Fórnea, entre os que se atopa a renovación do parque infantil, coa substitución dos diferentes elementos de xogo e a renovación do pavimento da zona.

O Concello de Trabada continúa, ademais, traballando na definición de novos proxectos de mellora que serán anunciados nos próximos meses e que permitirán seguir actuando tanto en Fórnea como noutras parroquias do municipio.

«O noso compromiso é continuar chegando coas actuacións municipais ás diferentes parroquias, mellorando os seus espazos públicos e equipamentos para que estean nas mellores condicións para o uso e desfrute da nosa veciñanza», engade o rexedor.

Página anterior Vidal celebra as festas de San Bartolomé estreando un novo espazo para uso da veciñanza

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados