O Concello de Trabada programa catro actividades de orientación e acompañamento a familias para o curso 2026/2027

O Concello de Trabada programa catro actividades de orientación e acompañamento a familias para o curso 2026/2027

O Concello de Trabada desenvolverá durante o curso 2026/2027 o Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias, composto por catro actividades que terán lugar na Casa da Cultura entre os meses de outubro de 2026 e maio de 2027.

A programación comezará o 20 de outubro, ás 16:30 horas, coa charla para familias «Sácalles partido ao teu estudo», centrada en ofrecer pautas para axudar aos nenos e nenas no seu rendemento académico.

A segunda actividade celebrarase o 1 de decembro, tamén ás 16:30 horas. Neste caso será un Espazo de Orientación a Familias baixo o tema «A educación en positivo», concibido como un grupo para dialogar, compartir e abordar cuestións relacionadas coa educación familiar.

Xa en 2027, o 30 de marzo terá lugar a charla «Educamos a atención», na que se tratarán pautas para estimular a atención na casa.

O programa completarase o 31 de maio cun novo Espazo de Orientación a Familias, nesta ocasión arredor do tema «Nenos e nenas con moito carácter».

Todas as actividades desenvolveranse ás 16:30 horas na Casa da Cultura de Trabada.

O Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias está promovido e financiado polo Concello de Trabada e será desenvolvido por Educando en Familia.

 Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias

Página anterior A Festa da Enfariñada de Trabada recibe o premio «…E para comer, Lugo» nos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados