A ESTRADA LU-P-5506 RENOVOUSE INTEGRAMENTE CON AGLOMERADO EN QUENTE.
A Deputación Provincial de Lugo inviste 152.500€ na estrada LU-P-5506 que é a principal vía de comunicación do municipio trabadense coa capitalidade da provincia.
Estas melloras permitirán que a vía quede renovada de maneira íntegra co estendido de aglomerado en quente, xa que esta é a última das tres fases nas que acometemos esta importante obra.
Esta actuación dá resposta a unha demanda histórica da veciñanza da zona, que reclamaban a remodelación desta estrada por ser a vía que conecta con Lugo cidade.