O Concello de Trabada organiza unha nova edición do Encontro dos Maiores o vindeiro 17 de maio

O Concello de Trabada organiza unha nova edición do Encontro dos Maiores o vindeiro 17 de maio

O Concello de Trabada celebrará o próximo domingo 17 de maio unha nova edición do tradicional Encontro dos Maiores, unha xornada especialmente emotiva que reúne a veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio para compartir un día de convivencia e homenaxe.

Este encontro, dirixido ás persoas maiores de 65 anos e aos seus cónxuxes, converterase un ano máis nun espazo de recoñecemento á dedicación e ao traballo de toda unha vida, nun ambiente de celebración e unión veciñal.

A programación dará comezo ás 13:00 horas cunha sesión vermú no pavillón municipal de Trabada, seguida do xantar ás 14:00 horas. A xornada completarase coa entrega de agasallos e baile para todas as persoas asistentes.

Nos vindeiros días, as persoas destinatarias recibirán unha carta nos seus fogares coa invitación e información detallada do evento. O prazo de inscrición xa está aberto e poderá realizarse ata o 8 de maio, de forma presencial nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982 13 50 11 en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Cómpre destacar que o Concello de Trabada asumirá a totalidade dos gastos de organización deste encontro.

O alcalde, Rubén García, destacou que “trátase dun dos días máis especiais do ano, no que temos a oportunidade de reunir aos nosos maiores e agradecerlles todo o que fixeron polo noso concello ao longo da súa vida”.

Carta Encontro dos Maiores 2026

Página anterior Trabada contará cunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados