Comezan en Trabada os campamentos de verán infantil e xuvenil para favorecer a conciliación familiar

Comezan en Trabada os campamentos de verán infantil e xuvenil para favorecer a conciliación familiar

O Concello de Trabada inicia hoxe, 1 de xullo, unha nova edición dos seus campamentos de verán, tanto na modalidade infantil como xuvenil, unha iniciativa que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais.

Os campamentos terán lugar de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, ofrecendo ás familias do municipio unha alternativa de lecer, aprendizaxe e convivencia para os meses de verán.

O Campamento de Verán está dirixido a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2022, mentres que o Campamento Xuvenil está pensado para mozos e mozas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “estes programas son unha ferramenta fundamental para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán, ao tempo que ofrecen actividades educativas, deportivas e de ocio adaptadas ás diferentes idades”.

O rexedor subliñou ademais que “desde o Concello apostamos por manter durante todo o ano diferentes programas de conciliación familiar, conscientes da importancia que teñen para apoiar ás familias e dar resposta ás súas necesidades no día a día”.

Con esta nova edición, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso co benestar das familias e coa creación de espazos de convivencia, aprendizaxe e diversión para a infancia e a mocidade do municipio.

 

Página anterior Comezan en Trabada os campamentos de verán infantil e xuvenil para favorecer a conciliación familiar

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados