Date
23 de junio de 2024 - 10 de noviembre de 2024
Time
10:00 - 10:00
Location
Rutas de Senderismo
Categoría Entretenimiento
O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso presentaron o programa de sendeirismo para os próximos meses.
En concreto, durante os meses de xuño, xullo, setembro, outubro e novembro realizaranse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no Concello de Trabada (Ruta da Subida ó Picato; Ruta da Fraga da Vilapena; Ruta do Vento; Ruta do Monte Roxal-Teixido, e Ruta Fraga da Becerreira).
“Con esta actividade, organizada conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso, queremos dar a coñecer as nosas rutas e potenciar así mesmo os hábitos saudables e o deporte”, explica o alcalde, Rubén García.
“Quero agradecer a boa disposición da asociación de sendeirismo para a elaboración deste programa, potenciando desta forma este turismo de deporte e natureza que é tan característico en Trabada”, engade o alcalde.
Nos vindeiros días darase a coñecer toda a información detallada da primeira ruta
Previous SERÁNS CULTURAIS NO CONCELLO DE TRABADA
es_ESEspañol