O Concello de Trabada colabora un ano máis coa organización das Festas de Santiago e Santa Ana na parroquia de Santiago de Abres, unha celebración singular que une a veciñanza da parte galega e asturiana nun ambiente de convivencia, tradición e música. As festas darán comezo este sábado 19 de xullo co Campionato de Balinera […]
O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras para construír un novo centro social na parroquia da Ría de Abres, dando resposta a unha necesidade evidente da veciñanza, xa que se trataba da única parroquia do municipio que non dispoñía dun espazo propio para reunións, encontros e actividades comunitarias. O proxecto conta […]
O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun novo circuíto pump track no complexo deportivo municipal, unha actuación que permitirá ampliar a oferta de lecer e deporte para a mocidade e a veciñanza en xeral. Este proxecto execútase grazas a un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, cun […]
O pasado 1 de xullo deu comezo o primeiro campamento xuvenil do Concello de Trabada, unha nova iniciativa municipal enmarcada nos programas de conciliación familiar e pensada para ofrecer alternativas de ocio saudable durante os meses de verán. O campamento desenvólvese de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas, e está centrado […]
Este mércores tivo lugar a sinatura do convenio de colaboración para a mellora do abastecemento de auga entre os Concellos de Trabada e Ribadeo e a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia. A conselleira Ángeles Vázquez participou no acto en Ribadeo, formalizando así un acordo que contempla […]
Arancou unha nova edición do campamento de verán do Concello de Trabada, dirixido a nenos e nenas nados entre 2013 e 2021. Do 23 de xuño ao 5 de setembro en horario de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas. Contamos con 43 participantes que gozarán de actividades lúdicas, educativas e deportivas adaptadas á […]
O Concello de Trabada organiza o Campionato de Balinera o vindeiro 19 de xullo ás 19:30 horas no campo da festa de Abres, coincidindo co día do tradicional churrasco da festa. Este evento, dirixido a persoas de todas as idades, celebrarase nun ambiente lúdico e seguro. As balineras serán facilitadas pola organización, polo que non […]
O Concello de Trabada anuncia a posta en marcha dunha iniciativa para potenciar e dar a coñecer o legado de José Rocha Gasalla, veciño do municipio recentemente falecido e doador de todo o patrimonio que conforma o actual centro etnográfico José Rocha. A decisión de organizar xornadas de portas abertas e visitas guiadas nace como […]
O Concello de Trabada quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento de José Rocha Gasalla, veciño do municipio e figura clave na conservación do patrimonio local ao doar de forma altruísta toda a colección que hoxe conforma o centro etnográfico que leva o seu nome en recoñecemento a esa contribución desinteresada e inestimable. O […]
O Concello de Trabada deu comezo hoxe ao seu campamento de verán, dirixido a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021. Esta iniciativa desenvolverase dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a […]