Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO CONSIGUE UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA MELLORAR A REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN VARIAS PARROQUIAS

O CONCELLO CONSIGUE UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA MELLORAR A REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN VARIAS PARROQUIAS

O Concello de Trabada recibiu unha notificación da Xunta de Galicia na que se lle comunica a concesión dunha axuda de 40.359,73 euros para levar a cabo un proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga potable nos lugares de Cima de Vila, Vilapercide, Escanarega e Porto do Malle.

O goberno autonómico denegara nun principio a solicitude da subvención, alegando que non se aportara unha documentación que nin tan sequera se requerira por parte da Xunta.

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, presentou de inmediato un recurso de reposición ao non estar dacordo con esa decisión, explicando que toda a documentación estaba enviada de forma correcta.

Finalmente, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia deu a razón ao concello, que obtén a axuda.

“No concello estabamos convencidos de que a razón era nosa e a concesión da axuda é unha moi boa nova, xa que servirá para mellorar os servizos das parroquias e, en definitiva, a vida diaria dos nosos veciños”, afirma Mayra García Bermúdez.

Página anterior O CONCELLO RETOMA ‘+SAÚDE’ PARA PROMOVER A AUTONOMÍA DOS MAIORES E MELLORAR A SÚA CALIDADE DE VIDA

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol