TRABADA CONSIGUE UNHA NOVA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA RENOVAR A FACHADA DA CÁMARA AGRARIA

O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención da Xunta de Galicia, neste caso para a renovación do acabado exterior da fachada da Cámara Agraria.

O obxectivo da actuación é protexer a edificación, evitar o seu deterioro e mellorar a calidade da paisaxe rural corrixindo os impactos paisaxísticos qe ocasiona, tendo en conta o establecido no artigo 39 da Lei 2/2016 do Solo de Galicia, no que se sinala que os materiais e cores das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e as construcción do entorno.

As tarefas consistirán polo tanto na limpeza e reparación das zonas con humidade e mofo, así como na pintura das catro fachadas mediante pintura plástica lisa coa combinación de cores incluídas no catálogo de ‘A Mariña e o baixo Eo’, coas mesmas cores que se utilizaron para pintar a antiga escola e vivienda de Mestres, recentemente convertida en museo etnográfico.

As obras terán un orzamento de 25.000 euros e a axuda da Xunta de Galicia é de 17.500 euros, polo que o concello aportará a diferenza con fondos propios.

Trátase dunha subvención que de novo tramitou persoalmente a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, xa que a Xunta de Galicia as concede por orde de chegada das solicitudes e non por concorrencia competitiva, abrindo ademais o prazo de solicitudes ás doce da noite dun venres.

A alcaldesa lembra que “son eu mesma a que se encarga de facelo, porque teño a formación suficiente e ademais evito que sexan os empregados municipais os que teñan que facelo fora do seu horario laboral e na finde semana”. A solicitude da subvención quedou rexistrada ás 00.03 horas.

Página anterior O CONCELLO CONSIGUE UNHA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA MELLORAR A REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN VARIAS PARROQUIAS

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol