Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA ORGANIZA UN OBRADOIRO SOBRE DINÁMICAS DE AUTO-COIDADO PARA MULLERES O 25-N

O CONCELLO DE TRABADA ORGANIZA UN OBRADOIRO SOBRE DINÁMICAS DE AUTO-COIDADO PARA MULLERES O 25-N

O Concello de Trabada organiza un obradoiro o próximo 25 de novembro, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O obradoiro ‘O pracer de ser muller. Dinámicas de auto-coidado’ se celebrará o día 25 de 10:30 a 13:00 horas na Casa da Cultura de Trabada. A monitora será Sonia María Lamas, terapeuta holística e naturópata pola USC. É maestra de Reiki, profesora de terapias corporais e facilita círculos de mulleres dende 2005.

Mediante dinámicas dos círculos de mulleres, as participantes no obradoiro iranse facendo conscientes de sí mesmas, e a través de diferentes dinámicas, para ir hacia o auto-coidado corporal, emocional e mental.

“Animamos a todas as mulleres do concello a participar, é unha iniciativa moi interesante para aprender dinámicas e comportamentos que despois aplicarán na vida diaria”, asegura a concelleira Julia María Barcia.

A inscrición pode facerse ata o 24 de novembro no Concello de Trabada (982 135 011).

Página anterior O CONCELLO DESTACA O MODELO DE XESTIÓN DO CENTRO DE ATENCIÓN AOS MAIORES, QUE CONTARÁ DESDE MAÑÁ CON 30 PERSOAS USUARIAS

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol