Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA MELLORAR O TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO QUE UNE A CAPITALIDADE DO MUNICIPIO COA FONTE DE PORTO DO MALLE

O CONCELLO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA MELLORAR O TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO QUE UNE A CAPITALIDADE DO MUNICIPIO COA FONTE DE PORTO DO MALLE

O Concello de Trabada solicitou unha subvención da Xunta de Galicia para acometer un proxecto de mellora e embelecemento do entorno do Camiño de Santiago entre o municipio e unha fonte de gran valor para os veciños situada nas inmediacions de Porto do Malle.

A convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, publicouse onte por parte da Axencia de Turismo de Galicia e o prazo de presentación das solicitudes comezou a pasada medianoite.

O procedemento elixido polo organismo autonómico, outorgando as axudas por orde de chegada das mesmas, obrigou unha vez máis á alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a tramitar persoalmente a solicitude ás doce da noite.

A actuación consistirá na rexeneración do pavimento no tramo, de 775 metros e un ancho de catro metros, a limpeza de cunetas e o acondicionamento da zona da fonte. Tamén se colocará un banco e unha papeleira no entorno da fuente. As obras teñen un orzamento de 20.000 euros.

“Para o Concello de Trabada, o Camiño de Santiago é unha oportunidade, por iso creamos un pequeno albergue municipal na antiga escola de Sante coa colaboración da Diputación Provincial e temos que aproveitar o seu impacto, polo que esta actuación é moi necesaria”, explica García Bermúdez.

Página anterior A ALCALDESA SOLICITA Á XUNTA COLABORACIÓN “PARA MELLORAR A ESTRADA LU-132 E PARA A CONSTRUCIÓN DUN AUDITORIO”

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol