O Concello de Trabada fai un balance moi satisfactorio das actividades de verán para os nenos e nenas, que rexistraron unha elevada asistencia e facilitan a conciliación familiar na temporada estival.
O concelleiro de Deportes e Saúde do Concello de Trabada, Rubén García, visitou esta mañá os nenos e nenas do campamento de verán e fíxolles entrega dun diploma pola súa participación. Tamén puideron desfrutar dunhas colchonetas hinchables como peche do verán.
Por outra banda, tamén remataron as actividades para nenos e nenas de entre 12 e 16 anos, as cales incluiron break dance, pádel e outras actividades relacionadas coa natureza (descenso en canoa polo río Eo, rutas de senderismo, coñecemento dos puntos de interese turístico do noso Concello, etcétera).
“Ditas actividades e os campamentos de verán favorecen a conciliación das familias de Trabada e das persoas que traballan en Trabada ou teñen familia aquí, e o concello as impulsa coa finalidade de prestar un servicio que dé maior cobertura ás familias”, asegura Rubén Garcia.
“Para as familias nas que os proxenitores traballan, é moi importante contar con estes servizos de atención e coidado aos menores, compatibilizando desta maneira o período non lectivo coa xornada laboral”, engade o concelleiro de Deportes e Saúde.
“Engadimos estes servizos para a conciliación aos que se desenvolven durante curso escolar, como son o servizo de Madrugadores e de Ludiseráns”, remata García.