Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO SERVIZO DE CONCILIACIÓN ‘LUDISERÁNS’ PARA O CURSO LECTIVO 2022-2023

O CONCELLO DE TRABADA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NO SERVIZO DE CONCILIACIÓN ‘LUDISERÁNS’ PARA O CURSO LECTIVO 2022-2023

O Concello de Trabada informa da apertura do prazo de presentación de solicitudes para o programa ‘Ludiseráns’, que un ano máis pon en marcha coincidindo co comezo do curso escolar para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral dos seus veciños e veciñas.

O servizo ofértase durante todas as tardes, de luns a venres, desde o remate do horario escolar entre os meses de outubro e maio. Este programa vai dirixido aos nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.  

O obxectivo deste programa é promover un servizo de atención e coidado aos menores, coa finalidade de compatibilizar o período non lectivo coa xornada laboral dos seus proxenitores. 

“Dende o Concello de Trabada ofrecemos uns servizos que facilitan a conciliación das familias do noso concello; engádese este servizo ao de ‘Madrugadores’, que deu comezo o primeiro día do curso escolar”, lembra Rubén García, concelleiro de Deportes e Saúde.

Os servizos que potencian a conciliación son unha prioridade para o Concello de Trabada, xa que son fundamentais para fixar poboación no rural.

Página anterior O CONCELLO DE TRABADA MELLORA AS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE SANTE COAS OBRAS DOS NOVOS VESTIARIOS

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol