O CONCELLO DE TRABADA SOLICITA UNHA NOVA SUBVENCIÓN PARA CONTINUAR COA RENOVACIÓN DA CASA CONSISTORIAL

O CONCELLO DE TRABADA SOLICITA UNHA NOVA SUBVENCIÓN PARA CONTINUAR COA RENOVACIÓN DA CASA CONSISTORIAL

Tras o cambio da cuberta, pide unha axuda para intervir na envolvente do inmoble, mellorando a súa eficiencia enerxética
O Concello de Trabada solicitou unha nova subvención para continuar coas actuacións de mellora e renovación da casa consistorial.
Trátase en concreto dunha convocatoria da Vicepresidencia primeira e consellería de Presidencia, Deporte e Xustiza da Xunta, en concorrencia competitiva dentro do Fondo de Compensación ambiental.
“A necesidade da intervención xustifícase na mellora da eficiencia enerxética do edificio municipal, intervindo na envolvente do mesmo coa renovación das carpinterías con acristalamentos de boas características térmicas”, explica o alcalde, Rubén García.
A actuación implicaría a colocación de carpintería exterior de madeira de iroko en portas e fiestras. Nas fiestras colocarase verteaugas no perfil inferior, con soporte de aluminio anodizado e revestimento exterior de madeira.
“Con esta obra poderíamos renovar totalmente o exterior do edificio do concello, tras as obras que xa se realizaron para o cambio da cuberta e o pintado de toda a fachada”, afirma o alcalde.
Desta forma, engade Rubén García, “continuamos coa mellora dos edificios e locais públicos do Concello de Trabada”.
Página anterior O CONCELLO DE TRABADA SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA CUBRIR O PARQUE INFANTIL DA RÚA DE SAN ROQUE

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol