O CONCELLO DE TRABADA ACOLLE UN NOVO CICLO DE TEATRO NA SALA DA CULTURA CON OITO OBRAS DE NOVEMBRO A XUÑO

O CONCELLO DE TRABADA ACOLLE UN NOVO CICLO DE TEATRO NA SALA DA CULTURA CON OITO OBRAS DE NOVEMBRO A XUÑO

‘Arte’, de Hipócrita Teatro, servirá para dar comezo o próximo 2 de novembro aos Ciclos Teatrais 2024/2025 do Concello de Trabada.

O salón de actos da Casa da Cultura acollerá unha obra de teatro mensual, con entrada gratuíta e todas o primeiro sábado de cada mes ás 21:00 horas. En decembro, chegará a quenda de ‘Rosalía Café’, do grupo A Adala Futura.

“Unha nova edición dos nosos ciclos de teatro, que cada vez teñen unha mellor aceptación entre os nosos veciños e veciñas, enchendo nalgunha ocasión o salón de actos da Casa da Cultura”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García.

“Desta forma, damos continuidade a esta actividade, dentro dunha programación cultural ao longo do ano con propostas para todas as idades”, engade. 

 
Página anterior O II ENCONTRO DE ILUSTRACIÓN E NATUREZA DE TRABADA UNIU EN VILAFORMÁN AOS VECIÑOS CO ALUMNADO DO CEIP CELSO CURRÁS

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol