O Concello de Trabada e a Deputación de Lugo asinan un convenio de 250.000 euros para melloras en varias parroquias

O Concello de Trabada e a Deputación de Lugo asinan un convenio de 250.000 euros para melloras en varias parroquias

O alcalde de Trabada, Rubén García, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, asinaron un convenio de colaboración por importe de 250.000 euros, destinado a financiar diferentes actuacións en varias parroquias do municipio.

As accións  previstas ao abeiro deste acordo son as seguintes:

  • Urbanización e mellora dos accesos ao centro social de Fórnea.

  • Renovación do parque infantil de Fórnea.

  • Mellora do envolvente do Teleclube de Vilaformán.

  • Urbanización e mellora do Teleclube de Vilapena.

  • Mellora dos accesos a Louro.

  • Mellora dos accesos a Vilarbetote.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos coa execución de diferentes proxectos en varias parroquias do noso concello, dando resposta ás necesidades da veciñanza e mellorando os espazos públicos que son de uso comunitario”.

García subliñou tamén que “seguimos traballando na elaboración de novos proxectos en todo o territorio do concello, co obxectivo de ofrecer servizos de calidade e infraestruturas axeitadas en todas as parroquias”.

O rexedor quixo ademais agradecer á Deputación de Lugo a súa colaboración: “sen este apoio sería moito máis difícil levar a cabo estas actuacións, que supoñen un avance importante para a mellora das nosas parroquias”.

Este convenio, un dos de maior importe asinado en Trabada nos últimos anos, é froito do traballo constante do equipo de goberno municipal, que mantén unha liña de diálogo permanente coas administracións para captar novos investimentos no concello.

Página anterior O Concello de Trabada organiza unha nova edición do programa “Viaxa co Concello” cunha excursión a Cantabria

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados