Sante abre o calendario festivo de 2026 en Trabada coa celebración de San Xulián

Sante abre o calendario festivo de 2026 en Trabada coa celebración de San Xulián

 A parroquia de Sante comezará o ano celebrando a tradicional festa na honra do seu patrón, San Xulián, que terá lugar o sábado 10 de xaneiro no polideportivo da parroquia, dando así o pistoletazo de saída ao calendario festivo do 2026 no Concello de Trabada.

Os actos darán comezo ás 13:00 horas coa misa solemne, á que seguirá unha sesión vermú amenizada polo Dúo Colimbo. Xa pola tarde, ás 15:00 horas, celebrarase un cocido popular, que contará cun completo menú tradicional e que rematará cunha animada sesión de baile “mentres o corpo aguante”.

A festa está organizada pola Comisión de Festas de Sante e pola Asociación de Veciños San Julián de Sante, contando coa colaboración do Concello de Trabada, que continúa apoiando activamente as celebracións parroquiais e o traballo do tecido asociativo local.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “é unha satisfacción comezar o ano con festas nas parroquias, porque son un punto de encontro para a veciñanza e contribúen a manter vivas as nosas tradicións”. O rexedor engadiu que “desde o Concello seguiremos colaborando coas comisións de festas e asociacións veciñais, porque o seu labor é fundamental para dinamizar a vida social e cultural do noso municipio”.

Desde o Concello de Trabada anímase a toda a veciñanza e persoas visitantes a participar nesta celebración, que marca o inicio dun novo ano cheo de actividades festivas nas distintas parroquias do concello.

Página anterior O Concello de Trabada remata as obras de renovación do parque infantil de Fórnea

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados