O Concello de Trabada solicita unha subvención para mellorar a Casa da Cultura e a biblioteca municipal

O Concello de Trabada solicita unha subvención para mellorar a Casa da Cultura e a biblioteca municipal

 O Concello de Trabada vén de solicitar unha subvención á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinada á mellora da Casa da Cultura e da biblioteca municipal, cun proxecto que supera os 32.000 euros.

Esta actuación permitirá seguir mellorando dous espazos fundamentais para a vida cultural do municipio, que contan cunha intensa actividade ao longo de todo o ano, cunha ampla programación dirixida a veciños e veciñas de todas as idades.

O proxecto inclúe a renovación da zona de butacas do salón de actos da Casa da Cultura, coa instalación dunha rampa que permitirá mellorar a visibilidade dos espectadores, así como actuacións de mellora nos accesos e nas condicións de seguridade do edificio.

Ademais, tamén se contempla a implantación dun sistema automático de acceso á biblioteca, que facilitará o seu uso como espazo de lectura e consulta.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos traballando para solicitar todas as axudas posibles que nos permitan mellorar os nosos espazos públicos e ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza”. Neste sentido, subliñou que “a Casa da Cultura é un punto de referencia no noso concello, cunha programación constante, polo que é fundamental continuar investindo na súa mellora”.

Desde o Concello sinalan que esta actuación se enmarca na liña de traballo de seguir modernizando e adaptando as infraestruturas municipais ás necesidades actuais.

Página anterior Trabada celebra o éxito da VII Festa da Enfariñada que segue medrando ano tras ano

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados