Trabada anuncia novas melloras viarias na parroquia de Sante cun investimento superior aos 44.000 euros

Trabada anuncia novas melloras viarias na parroquia de Sante cun investimento superior aos 44.000 euros

O Concello de Trabada continúa anunciando novas actuacións de mellora nas estradas municipais. Neste caso, os traballos desenvolveranse na parroquia de Sante, coa execución dunha primeira fase de actuación nos accesos ao núcleo da igrexa.

O proxecto, cun investimento de máis de 44.000 euros, permitirá actuar en tres accesos que comunican co núcleo da igrexa, mellorando o estado das vías e a seguridade da circulación.

As actuacións previstas inclúen a limpeza previa de cunetas, o aglomerado en quente, o pintado completo das vías e a instalación de nova sinalización vertical.

En concreto, actuarase nos seguintes tramos que dan acceso ao núcleo da igrexa:

  • Do Teleclub de Sante ata o cruce da panadería
  • Desde Penaquente ata O Prado
  • Desde a igrexa ata o Rego de Louro

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos avanzando na mellora das nosas estradas municipais, executando proxectos que permitan renovar infraestruturas importantes para o día a día da veciñanza”.

Así mesmo, sinalou que “seguimos traballando para levar actuacións ás distintas parroquias do concello, mellorando as comunicacións e os servizos municipais”.

 

Página anterior Trabada segue avanzando na mellora das estradas municipais

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados