Trabada consegue unha subvención para continuar mellorando a área recreativa de A Choza na Ría de Abres

Trabada consegue unha subvención para continuar mellorando a área recreativa de A Choza na Ría de Abres

O Concello de Trabada vén de acadar unha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para continuar coa renovación dos elementos da área recreativa de A Choza, situada na parroquia da Ría de Abres.

A axuda concedida ascende a 15.000 euros, dentro dun proxecto cun investimento total de 19.601,14 euros, dos que o Concello achegará os 4.601,14 euros restantes.

As actuacións previstas permitirán substituír parte da barandilla de madeira que presenta deterioro por unha nova realizada con materiais reciclados, así como renovar os paneis informativos da Rede Natura existentes na área recreativa, que tamén serán substituídos por novos elementos de madeira.

Esta actuación dá continuidade ás melloras realizadas durante o pasado ano neste mesmo espazo, cando se procedeu á renovación de diferentes elementos do mobiliario da área recreativa, como mesas, papeleiras e fontes, empregando igualmente materiais reciclados e máis sostibles.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos aproveitando todas aquelas liñas de axuda que nos permiten seguir mellorando os nosos espazos públicos e naturais, facendo actuacións que contribúan á súa conservación e ao seu uso por parte da veciñanza e dos visitantes”.

O rexedor engadiu que “o obxectivo é continuar renovando progresivamente todos os elementos da área recreativa de A Choza, converténdoa nun espazo cada vez máis moderno, sostible e adaptado ás necesidades actuais”.

Desde o Concello sinalan que seguirán solicitando aquelas subvencións e programas que permitan continuar executando novas actuacións de mellora neste e noutros espazos do municipio.

 

Página anterior O Concello de Trabada inicia as obras de mellora do teleclub de Vilapena cun investimento de case 35.000 euros

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados