Os participantes dos campamentos municipais de Trabada reciben gafas para observar a eclipse do 12 de agosto

Os participantes dos campamentos municipais de Trabada reciben gafas para observar a eclipse do 12 de agosto

O Concello de Trabada entrega gafas aos participantes dos campamentos municipais para seguir a eclipse do próximo 12 de agosto

O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira do equipo de goberno, Pilar Fernández, fixeron entrega na mañá de hoxe de gafas homologadas para a observación solar aos nenos e nenas do Campamento de Verán e aos mozos e mozas do Campamento Xuvenil.

Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración da Deputación de Lugo, que facilitou ao Concello un lote de gafas de protección para que os participantes poidan observar con total seguridade a eclipse solar previsto para o vindeiro 12 de agosto.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “queremos que os máis novos poidan vivir este acontecemento dunha forma segura e tamén educativa, achegándoos a un fenómeno astronómico de gran relevancia”.

O rexedor lembrou ademais que “A Mariña Lucense será un dos mellores lugares do mundo para contemplar esta eclipse, polo que se trata dunha oportunidade única para desfrutar dun acontecemento excepcional que tardará moitos anos en volver repetirse con estas características”.

Desde o Concello animan á veciñanza a seguir as recomendacións de seguridade para a observación da eclipse, utilizando sempre gafas homologadas e desfrutando dun fenómeno que converterá á comarca nun referente internacional para a súa contemplación.

Página anterior O Concello de Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados