O Concello de Trabada abre as inscricións para a segunda edición do Campionato de Balinera que terá lugar o 8 de agosto

O Concello de Trabada abre as inscricións para a segunda edición do Campionato de Balinera que terá lugar o 8 de agosto

O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para participar na II edición do Campionato de Balinera, unha actividade que volverá celebrarse o vindeiro 8 de agosto, ás 10:30 horas, no Alto da Cadeira, coincidindo coa tradicional Xira da Cadeira.

Tras a boa acollida da primeira edición, o Concello aposta por consolidar esta iniciativa dentro da programación estival, ofrecendo unha actividade lúdica e participativa para todas as idades.

As inscricións son gratuítas e xa poden realizarse nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982 135 011. A organización recomenda formalizar a inscrición antes do 6 de agosto, aínda que tamén será posible anotarse o propio día do evento.

Tal e como recolle o regulamento, as balineras serán facilitadas pola organización, non estando permitido participar cunha balinera propia. Ademais, os participantes de entre 14 e 17 anos deberán acudir acompañados dunha persoa adulta.

O campionato repartirá tres premios:

  • 1º premio: unha carabina.
  • 2º premio: unha desbrozadora.
  • 3º premio: un maletín de ferramenta Irimo.

O alcalde de Trabada, Rubén García, agradece a colaboración de Adrián Lombardía, propietario de Top 10 Ferretería, pola cesión do material  para os premios desta segunda edición.

«Quero agradecer a implicación de Adrián e Top 10 por colaborar unha vez máis con este campionato. A colaboración das empresas é fundamental para facer posible iniciativas como esta e seguir dinamizando a programación de actividades», sinala o rexedor.

Desde o Concello animan á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta segunda edición do Campionato de Balinera e a desfrutar dunha xornada de convivencia e diversión.

Página anterior Os participantes dos campamentos municipais de Trabada reciben gafas para observar a eclipse do 12 de agosto

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados