O Concello de Trabada inicia as obras de mellora da contorna da Capela de San Miguel en Vilapercide

O Concello de Trabada inicia as obras de mellora da contorna da Capela de San Miguel en Vilapercide

 O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de mellora da contorna da Capela de San Miguel, en Vilapercide, unha actuación que permitirá incrementar a seguridade, mellorar a imaxe deste espazo e acondicionalo para o uso e desfrute da veciñanza.

Os traballos executaranse grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo e contemplan a construción dun novo muro de contención, que reforzará a seguridade da zona e contribuirá a mellorar a integración e o aspecto da contorna.

Ademais, o proxecto inclúe a instalación dunha nova barandilla, a rehabilitación da fonte existente e a ampliación da superficie dispoñible no campo da festa, gañando un espazo máis amplo e funcional para a celebración das distintas actividades que se desenvolven na parroquia.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que «seguimos investindo na mellora dos espazos públicos das nosas parroquias para que sexan máis seguros, máis cómodos e mellor acondicionados para a veciñanza. Son actuacións que contribúen a conservar e poñer en valor lugares moi importantes para a vida social dos nosos núcleos.»

O rexedor engade que «o noso compromiso é continuar executando actuacións que melloren os servizos e as infraestruturas municipais, creando espazos públicos de maior calidade para o uso diario da veciñanza e para a celebración das actividades que dinamizan as nosas parroquias.»

 

Página anterior Trabada acolle do 28 ao 31 de xullo unha nova edición do Programa Veiguello con actividades culturais en diferentes parroquias

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados