O CONCELLO DE TRABADA TEN UN PROXECTO PARA RENOVAR A ÁREA RECREATIVA DA CHOZA

O CONCELLO DE TRABADA TEN UN PROXECTO PARA RENOVAR A ÁREA RECREATIVA DA CHOZA

Solicitou para realizar a actuación unha subvención á Xunta de 30.000 euros
👉 “Queremos seguir mellorando os espazos naturais e de lecer que temos no concello”, explica o alcalde, Rubén García
O Concello de Trabada solicitou unha subvención de 30.000 euros á Vicepresidencia Segunda e á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta para levar a cabo actuacións de restauración, renovación e adecuación da área recreativa da Choza, na parroquia de Ría de Abres.
Estes traballos darían continuidade a outras obras realizadas na zona nos últimos anos, como o espazo para autocaravanas ou a mellora dos accesos á propia área recreativa da Choza, que está á beira do río Eo e ofrece varias zonas de descanso onde gozar do ambiente fluvial.
As actuacións que se levarían a levar a cabo son a renovación dos carteis informativos e dos murais de madeira; a adecuación da pasarela de madeira e da varanda de madeira; a restauración do miradoiro de aves, e a instalación de novos elementos de sinalización.
“Á área recreativa da Choza é un dos espazos de natureza e lecer cos que contamos no concello e queremos renovalo, mellorando as infraestruturas a disposición dos nosos veciños e dos visitantes”, sostén o alcalde de Trabada, Rubén García.
Página anterior O CONCELLO DE TRABADA INFORMA DO INICIO DAS OBRAS DE MELLORA EN DIFERENTES VÍAS MUNICIPAIS

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol