REMATAN AS OBRAS DE INSTALACIÓN DAS CUBERTAS DE FIBRA TEXTIL NO PARQUE INFANTIL DA RÚA SAN ROQUE

✅ O Concello de Trabada informa do remate das obras de instalación das cubertas de fibra textil no parque infantil da rúa de San Roque.
 
Grazas á subvención tramitada polo goberno municipal, o parque conta cunha cuberta textil para protexer o espazo.
O orzamento do proxecto ascendeu a 51.203,14 euros. A axuda solicitada e acadada por parte do Concello de Trabada á Xunta de Galicia foi de 35.842,20 euros, mentres que o propio Concello de Trabada aportou 15.360,94 euros.
 
👉 “Para fixar poboación no rural, temos que mellorar de forma continua os servizos e infraestruturas públicas, planificando desde o goberno municipal proxectos e solicitando axudas a tódalas administracións para así levar a cabo actuacións en todo o concello”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.
 
“Contamos desde o concello con novos proxectos e novas actuaciós programadas para os vindeiros meses en diferentes parroquias, mellorando as nosas instalacións e a rede de comunicación viaria”, engade.
Página anterior O CONCELLO DE TRABADA ACOLLE UN NOVO CICLO DE TEATRO NA SALA DA CULTURA CON OITO OBRAS DE NOVEMBRO A XUÑO

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados