Cuncas Enfariñada Trabada Asociación Saúde Mental A Mariña

A Festa da Enfariñada contará con cuncas feitas pola Asociación Saúde Mental A Mariña grazas á colaboración co Concello de Trabada

O Concello de Trabada anuncia  unha nova colaboración coa Asociación Saúde Mental A Mariña, no marco da celebración da Festa da Enfariñada, que terá lugar o vindeiro 4 de maio. Neste caso, a achega da asociación consiste na elaboración artesanal das cuncas conmemorativas do evento, realizadas polos propios membros da entidade.

O alcalde de Trabada, Rubén García  destacou que: “É un orgullo contar unha vez máis coa Asociación Saúde Mental A Mariña. Fan un traballo admirable na nosa comarca, e desde o Concello sempre imos apoialos e colaborar con eles”.

As cuncas, que xa están listas para a festa, son unha mostra do talento, creatividade e esforzo das persoas usuarias da asociación. Un xeito de poñer en valor o seu labor e de seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva e comprometida.

Desde o Concello de Trabada animan a toda a veciñanza e visitantes a participar na festa e a apoiar esta colaboración adquirindo as cuncas. 

Página anterior Trabada celebrará unha gran festa o 10 de maio con Orquestra New York e DJ Marcos Magán

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados