O Concello de Trabada asinou un acordo de colaboración coa Axencia Tributaria que permitirá que os veciños e veciñas do municipio poidan realizar a súa Declaración da Renda 2024 nas oficinas municipais, mediante un sistema de videoasistencia e de forma totalmente gratuíta.
Tras a boa acollida desta iniciativa o ano pasado, o Concello volve a adherirse ao programa, e nesta edición ábrese a participación a toda a veciñanza, mentres que na campaña anterior estaba dirixido unicamente ás persoas maiores de 65 anos.
Con esta acción, o Concello quere facilitar este trámite á cidadanía, evitando desprazamentos e ofrecendo un servizo cómodo e accesible dende o propio municipio de Trabada.
A confección da declaración será realizada por videoasistencia por parte dun funcionario da Axencia Tributaria, entre o 6 de maio e o 30 de xuño.
Solicitude de cita previa a partir do 29 de abril:
📞 Por teléfono (atención persoal):
91 553 00 71
901 22 33 44
(de luns a venres, de 9:00 a 19:00 horas)
🌐 Por Internet:
Na sede electrónica da AEAT: https://sede.agenciatributaria.gob.es