O Concello de Trabada lamenta o falecemento de José Rocha, doador do patrimonio do centro etnográfico que leva o seu nome

O Concello de Trabada lamenta o falecemento de José Rocha, doador do patrimonio do centro etnográfico que leva o seu nome

O Concello de Trabada quere expresar o seu fondo pesar polo falecemento de José Rocha Gasalla, veciño do municipio e figura clave na conservación do patrimonio local ao doar de forma altruísta toda a colección que hoxe conforma o centro etnográfico que leva o seu nome en recoñecemento a esa contribución desinteresada e inestimable. 

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “José Rocha foi unha persoa profundamente comprometida coa súa terra. Grazas á súa xenerosidade, hoxe contamos cun museo único que honra o pasado agrícola, gandeiro e cultural do noso concello. O seu legado permanecerá sempre entre nós”.

O centro etnográfico José Rocha, situado na capitalidade do municipio, é o resultado da doazón de máis de mil pezas históricas, froito de toda unha vida dedicada á recompilación e conservación de elementos patrimoniais. A colección inclúe desde ferramentas de traballo, apeiros, maquinaria tradicional e mobles, ata libros do século XVI, obxectos relixiosos, roupa, cadros e unha recreación dunha antiga escola.

Desde o Concello de Trabada queremos transmitir o noso afecto á familia e amigos de José Rocha, e reiteramos publicamente o noso agradecemento polo seu xesto xeneroso, que contribúe a preservar a identidade e a historia de todo un territorio.

Página anterior O Concello de Trabada pon en marcha o campamento de verán con 43 participantes

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados