Santiago de Abres celebra as súas festas patronais os días 19, 25 e 26 de xullo

Santiago de Abres celebra as súas festas patronais os días 19, 25 e 26 de xullo

O Concello de Trabada colabora un ano máis coa organización das Festas de Santiago e Santa Ana na parroquia de Santiago de Abres, unha celebración singular que une a veciñanza da parte galega e asturiana nun ambiente de convivencia, tradición e música.

As festas darán comezo este sábado 19 de xullo co Campionato de Balinera con carabina, organizado no Campo da Festa a partir das 19:30 horas. A continuación, celebrarase unha gran churrascada popular, amenizada polo DJ Marcos, que reunirá a centos de persoas nunha noite de festa e gastronomía.

A programación continuará o xoves 25 de xullo, Día de Galicia, cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú co Dúo Belinda, e pola noite, unha gran verbena coa actuación das orquestras Suavecito e Costa Dorada.

O sábado 26 de xullo terá lugar outra xornada de celebración con misa, sesión vermú coa música de DJ Pedro Brmudz, e para rematar, unha verbena con El Combo Dominicano, a discoteca móbil Mandala Macroshow e unha nova sesión de DJ.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “esta festa é un exemplo do espírito de unión e colaboración entre veciños de Galicia e Asturias. A parroquia de Santiago de Abres simboliza esa irmandade entre territorios que comparten historia, cultura e vínculos familiares”.

García tamén subliñou a importancia de apoiar o tecido social do municipio:
«Desde o Concello de Trabada seguimos colaborando con todas as asociacións, clubs e comisións de festas do municipio. Cremos que é fundamental que as organizacións locais sintan o apoio institucional sempre que poñan en marcha eventos que dinamizan a vida das nosas parroquias».

O Concello de Trabada anima a toda a veciñanza e visitantes a participar destas festas que mesturan tradición, música, gastronomía e convivencia, mantendo vivo o espírito comunitario na fronteira natural entre Galicia e Asturias.

             

Página anterior Comezan as obras do novo centro social na parroquia da Ría de Abres

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados