O Concello de Trabada presenta unha nova ruta dentro do programa “Coñece Trabada” para o 9 de novembro

O Concello de Trabada presenta unha nova ruta dentro do programa “Coñece Trabada” para o 9 de novembro

O Concello de Trabada continúa coa súa aposta polo sendeirismo e a posta en valor do patrimonio natural e paisaxístico do municipio a través do programa “Coñece Trabada”. Neste marco, anúnciase unha nova ruta a pé que terá lugar o domingo 9 de novembro, con saída desde Vidal e chegada a Trabada.

A actividade contará cun percorrido de 8,6 quilómetros e unha dificultade media, polo que resulta axeitada para un amplo abano de participantes. O prezo de inscrición é de 8 euros por persoa e inclúe o desprazamento en autobús desde a Praza do Concello de Trabada, con saída ás 11:00 horas, así como o xantar no pavillón municipal ao rematar a ruta.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 6 de novembro nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982 135 011.

Por motivos de seguridade, será obrigatorio o uso de chaleco reflectante durante todo o percorrido.

Con esta iniciativa, o Concello de Trabada quere promover a práctica de actividade física ao aire libre, fomentar o coñecemento do entorno natural e patrimonial, e seguir consolidando o sendeirismo como unha actividade de interese social, turístico e deportivo no municipio.

 

Página anterior O Concello de Trabada organiza unha nova viaxe ao Balneario de Mondariz e Pontevedra o 13 de decembro

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados