O Concello de Trabada impulsa a formación dixital da veciñanza coa colaboración da Deputación de Lugo

O Concello de Trabada impulsa a formación dixital da veciñanza coa colaboración da Deputación de Lugo

O Concello de Trabada, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en marcha unha serie de cursos gratuítos dentro do programa “E para dixitalizarse Lugo”, co obxectivo de mellorar as competencias dixitais da cidadanía e facilitar o uso das novas tecnoloxías no día a día.

A primeira das accións formativas terá lugar os días 9, 10, 11, 12, 15, 16 e 17 de decembro de 2025, en horario de 10:00 a 13:00 horas, na Casa da Cultura de Trabada.

Esta primeira formación leva por título “Firma dixital / Chave365 / Certificados varios. Aplicacións de Sergas e Facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica” e permitirá ás persoas participantes aprender a empregar ferramentas dixitais fundamentais para realizar xestións administrativas de maneira segura e autónoma.

A inscrición deberá realizarse de forma presencial no Concello de Trabada, ata o 23 de novembro de 2025. As prazas son limitadas a 12 participantes.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca “a importancia de achegar este tipo de formacións á veciñanza, especialmente ás persoas que precisan apoio para adaptarse ao uso das novas tecnoloxías e realizar xestións electrónicas con facilidade”.

Página anterior Trabada impulsa unha fin de semana chea de actividades para todos os públicos

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados