O Concello de Trabada acolle un coloquio sobre cooperación internacional organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Trabada acolle un coloquio sobre cooperación internacional organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Trabada acollerá este venres, 12 de decembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura, o coloquio “Que raio fai o meu concello en África?”, unha actividade organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade coa que o Concello colabora.

A sesión contará coa participación de persoas que formaron parte de misións internacionais en distintos países africanos, quen compartirán a súa experiencia sobre a realidade social, económica e humanitaria destes territorios e explicarán o labor que realizan os concellos galegos a través da cooperación internacional.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que “se trata dunha actividade aberta a todos os públicos, moi enriquecedora para coñecer de primeira man como viven outras comunidades e cal é o impacto directo da solidariedade que exercemos desde municipios pequenos como o noso”. Engadiu tamén que “para o Concello de Trabada é unha prioridade manter o compromiso coa cooperación e apoiar proxectos que melloran a vida de persoas que carecen de recursos e que se atopan en situacións de grande vulnerabilidade”.

Con esta iniciativa, o Concello de Trabada reforza a súa aposta polos valores da solidariedade, a educación global e a sensibilización da cidadanía sobre os desafíos que aínda existen noutros lugares do mundo.

 

Página anterior O Concello de Trabada continúa cos seus ciclos teatrais coa obra “Sen frores nin coroas”

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados