Trabada celebrará unha nova edición do Tapeo os días 27, 28 e 29 de marzo

Trabada celebrará unha nova edición do Tapeo os días 27, 28 e 29 de marzo

O Concello de Trabada organiza unha nova edición do Tapeo de Trabada, unha iniciativa gastronómica que terá lugar os días 27, 28 e 29 de marzo.

Nesta edición participarán tres locais, que ofrecerán diferentes propostas gastronómicas cun prezo por tapa de 2,50 euros, permitindo á veciñanza e ás persoas visitantes desfrutar da gastronomía local nun ambiente de convivencia.

Os establecementos participantes e as tapas que ofrecerán son:

  • A Taberna da Curuxeira

    • Tenreira “da avoa”
    • Petiscos de mar

  • Mesón Camiño Norte

    • Mifollas de porco, o noso xeito
    • Cunca de flor mariñeira

  • O Porfirio

    • Albóndiga de merluza en salsa verde
    • Brochetas de cerdo, o noso estilo

Con esta iniciativa, o Concello busca seguir dinamizando a hostalaría local e fomentar a participación nun evento que combina gastronomía, convivencia e promoción do municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “desde o Concello continuamos organizando diferentes actividades e eventos ao longo do ano para contribuír a dinamizar a economía local e apoiar aos establecementos do noso concello”.

Desde o goberno municipal animan tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a achegarse durante esa fin de semana para participar nesta nova edición do Tapeo e descubrir as diferentes propostas gastronómicas preparadas polos locais participantes.

Cartel Trabada Tapeo 2026

Página anterior O Concello de Trabada solicita unha nova subvención para continuar mellorando a iluminación pública

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados