Trabada celebra unha nova edición dos Cantos de Taberna para dinamizar a cultura e a economía local

O Concello de Trabada organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna, unha proposta cultural que terá lugar o vindeiro venres 10 de abril a partir das 20:30 horas, e que levará a música tradicional a diferentes establecementos hostaleiros do municipio.

Nesta ocasión, participarán os seguintes locais e agrupacións:

  • A Taberna da Curuxeira con A Chocolateira
  • Mesón Camiño Norte con Mon&Cía
  • Bar O Porfirio con No Cómbaro

Esta iniciativa combina música, tradición e convivencia, ofrecendo unha experiencia única tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.

Dende o Concello de Trabada destácase a importancia deste tipo de actividades, que non só contribúen a manter viva a cultura popular, senón que tamén axudan a dinamizar a economía local, apoiando ao sector hostaleiro e fomentando a participación social.

O goberno municipal continúa así apostando por unha programación cultural variada ao longo do ano, que reforza a identidade do concello e promove espazos de encontro arredor da música e da tradición.

 

Página anterior O Concello de Trabada e Recursos de Galicia colaboran para facilitar os trámites dos descontos da luz do parque éoligo Mondigo

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados