O Concello de Trabada organiza unha nova edición dos Cantos de Taberna, unha proposta cultural que terá lugar o vindeiro venres 10 de abril a partir das 20:30 horas, e que levará a música tradicional a diferentes establecementos hostaleiros do municipio.
Nesta ocasión, participarán os seguintes locais e agrupacións:
- A Taberna da Curuxeira con A Chocolateira
- Mesón Camiño Norte con Mon&Cía
- Bar O Porfirio con No Cómbaro
Esta iniciativa combina música, tradición e convivencia, ofrecendo unha experiencia única tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.
Dende o Concello de Trabada destácase a importancia deste tipo de actividades, que non só contribúen a manter viva a cultura popular, senón que tamén axudan a dinamizar a economía local, apoiando ao sector hostaleiro e fomentando a participación social.
O goberno municipal continúa así apostando por unha programación cultural variada ao longo do ano, que reforza a identidade do concello e promove espazos de encontro arredor da música e da tradición.
