Trabada contará cunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo

Trabada contará cunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de conseguir unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia para a creación dunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo municipal, cun investimento total de 30.000 euros.

Esta actuación permitirá seguir ampliando os servizos dun espazo que xa conta con múltiples instalacións deportivas e de lecer como pista de pádel, pista multideporte, pump track, tirolina e tobogán infantil, campo de bolos tradicionais e unha zona de descanso.

O proxecto contribuirá a converter este complexo nun punto de referencia tanto para a veciñanza como para visitantes, reforzando a oferta turística e de ocio do municipio. Ademais, hai que destacar que esta liña de axudas se concedía por orde de entrada, polo que o Concello de Trabada presentou a solicitude apenas un minuto despois da apertura do prazo, logrando así acceder á subvención.

O alcalde, Rubén García, sinalou que “seguimos traballando para dotar ao noso concello de máis servizos e mellores infraestruturas, aproveitando todas as oportunidades de financiamento dispoñibles. Esta nova área de autocaravanas permitirá atraer visitantes e dinamizar a actividade económica local”.

Así mesmo, desde o Concello avanzan que nos vindeiros meses se continuarán desenvolvendo novas actuacións neste complexo deportivo, co obxectivo de seguir completando este espazo e convertelo nun lugar de referencia para persoas de todas as idades.

Página anterior Trabada presenta o cartel da VII Festa da Enfariñada con novidades e nova localización

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados