O Concello de Trabada inicia este sábado, 7 de novembro, unha nova edición dos ciclos teatrais, unha programación cultural que se desenvolverá ata o mes de xuño de 2027 e que ofrecerá unha representación teatral cada mes na Casa da Cultura. A primeira cita será coa obra «Dona Clara», a cargo do Colectivo Cultural Ollomao, […]
O Concello de Trabada, en colaboración coa asociación de sendeirismo Trabada paso a paso, organiza para o vindeiro domingo 15 de novembro a última ruta do programa «Coñece Trabada» deste ano 2026. Trátase dunha iniciativa que leva varios anos desenvolvéndose no municipio e que continúa contando cunha boa acollida entre as persoas participantes. Nesta ocasión, […]
O Concello de Trabada informa do inicio dos traballos de rehabilitación do firme da estrada provincial LU-P-6101 ao seu paso polo núcleo de Trabadela, no municipio de Trabada. A intervención permitirá completar a reforma da totalidade desta vía, que conecta a parroquia de Ría de Abres co lugar de Trabadela. As obras abranguen un tramo […]
O Concello de Trabada informa do inicio das obras de reforma da estrada municipal que conecta a parroquia de Fórnea cos lugares de Vidal e Valboa, unha vía que sufriu importantes danos como consecuencia dos traballos do parque eólico Mondigo. As obras comezan despois dun longo proceso administrativo que permitiu chegar á fase de execución […]
O Concello de Trabada vén de rematar os traballos de renovación do alumeado público en diferentes puntos do municipio, mediante a substitución das antigas luminarias por novas lámpadas de tecnoloxía LED, que permiten mellorar a eficiencia enerxética e reducir o consumo eléctrico. As melloras realizáronse nos lugares de Vilapena, no Outeiro e en Vilasusá de […]
O Concello de Trabada inicia mañá, martes 20 de outubro, as actividades do Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias para o curso 2026/2027. A primeira sesión levará por título «Sácalle partido ao teu estudo» e estará centrada en ofrecer orientación e ferramentas prácticas ás familias para acompañar os seus fillos e fillas no […]
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, participou durante os últimos días en diferentes reunións, encontros institucionais e actividades de traballo en Bruxelas, onde tivo ocasión de trasladar as necesidades do municipio, presentar proxectos e establecer contactos con representantes de institucións europeas e entidades vinculadas ao desenvolvemento territorial. Un dos encontros mantidos foi co eurodeputado […]
O Concello de Trabada desenvolverá durante o curso 2026/2027 o Programa Municipal de Orientación e Acompañamento a Familias, composto por catro actividades que terán lugar na Casa da Cultura entre os meses de outubro de 2026 e maio de 2027. A programación comezará o 20 de outubro, ás 16:30 horas, coa charla para familias «Sácalles […]
A Festa da Enfariñada de Trabada recibiu esta tarde o premio «…E para comer, Lugo», na categoría de gastronomía lucense dos VII Premios á Excelencia do Turismo e a Gastronomía da provincia de Lugo, convocados polo Consello Provincial de Turismo. Ata a Deputación de Lugo desprazáronse 14 cociñeiras e cociñeiros da Festa da Enfariñada, representantes […]
O Concello de Trabada pon en marcha un novo centro de estudos situado nas antigas instalacións da biblioteca, na Casa da Cultura, co obxectivo de ofrecer á veciñanza un espazo público e gratuíto no que estudar, consultar material bibliográfico e realizar diferentes tarefas académicas. O novo centro estará aberto de luns a domingo, en horario […]
O Concello de Trabada solicitou unha reunión con carácter urxente para coñecer con detalle as condicións e o procedemento de aplicación das bonificacións na factura eléctrica vinculadas ao programa Mondigo Beneficia, ante as dúbidas que está trasladando a veciñanza. O alcalde, Rubén García Freije, remitiu unha mesma carta á Consellería de Economía e Industria da […]