O Concello de Trabada conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación especial centrada na saúde e no benestar das mulleres, a través da celebración de dúas charlas informativas que terán lugar na Casa da Cultura de Trabada o vindeiro luns 9 de marzo.. A xornada contará con dúas sesións diferenciadas. A […]
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, participou esta mañá nun encontro celebrado en Ribadeo coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, no que tamén estiveron presentes o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, representantes de Recursos de Galicia e os alcaldes dos concellos implicados na área de influencia […]
O Concello de Trabada vén de presentar unha solicitude de subvención á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia para levar a cabo a renovación integral da Rúa das Bolboretas, unha vía que conecta a Rúa Cotarelo coa Rúa San Roque e que constitúe un punto estratéxico da trama urbana do municipio. O […]
O Concello de Trabada vén de remitir unha carta ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo Pouso, na que solicita apoio e colaboración económica para facer fronte ás obras necesarias no pavillón municipal tras o incendio ocorrido o pasado 3 de xaneiro na zona dos vestiarios. Xunto coa carta, […]
O Concello de Trabada organiza o I Encontro de Cestería da Vilapena, que se celebrará o domingo 22 de marzo. Trátase dunha xornada pensada para poñer en valor a artesanía tradicional e recoñecer o labor das persoas que mantiveron vivo este oficio ao longo do tempo. O encontro desenvolverase ao longo de todo o día […]
O Concello de Trabada vén de remitir unha carta ao Ministerio de Transformación Digital y de la Función Pública para reclamar a inclusión das parroquias de Valboa e Ría de Abres no despregue de redes de banda ancha de alta velocidade mediante fibra óptica, ao quedar excluídas do plan executado no resto do municipio. Nos […]
O Concello de Trabada, en colaboración coa Asociación Cultural O Picato, organiza o Entroido de Trabada, unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal, que terá lugar o sábado 28 de febreiro e que converterá novamente o centro da vila nun espazo de festa, participación e convivencia. O Concello de Trabada asume nesta edición […]
O Concello de Trabada vén de remitir unha nova queixa formal á Dirección de Correos para denunciar as graves deficiencias que continúa a sufrir o servizo postal no municipio. Trátase da segunda reclamación presentada nos últimos meses, tras non terse producido ningunha mellora desde a primeira comunicación enviada en setembro de 2025. Desde o Concello […]
O Concello de Trabada vén de solicitar unha axuda ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para levar a cabo a rehabilitación da antiga escola da Vilapena, coa finalidade de incorporala ao parque municipal de vivendas en réxime de alugueiro social. O proxecto presentado conta cun orzamento superior aos 68.000 euros e enmárcase na […]
O Concello de Trabada dá continuidade ao programa “Viaxa co Concello de Trabada”, unha iniciativa que conta cunha excelente acollida entre a veciñanza e que ten como obxectivo ofrecer alternativas de lecer, convivencia e descubrimento doutros territorios, sempre con todas as garantías de seguridade e organización. Nesta nova edición, o programa inclúe unha viaxe que […]