Novas melloras en camiños municipais grazas ao Plan Camiña Rural 2025-2026

Novas melloras en camiños municipais grazas ao Plan Camiña Rural 2025-2026

O Concello de Trabada continúa avanzando na mellora da súa rede viaria rural grazas a unha nova axuda de 59.102 euros ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025–2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Este investimento permitirá actuar sobre diversos camiños nos lugares de Pacios, A Retorta, Follabal e Val das Eguas, con actuacións […]

Comida dos maiores Trabada 17 de maio

O Concello de Trabada celebra este sábado a comida dos maiores con preto de 300 participantes

O Concello de Trabada acollerá este sábado unha das citas máis significativas do seu calendario social: o tradicional Encontro dos Maiores. Unha xornada de convivencia na que está prevista a participación de case 300 persoas, consolidándose como unha das actividades máis destacadas e emotivas do ano. Esta celebración supón unha oportunidade para render homenaxe ás […]

O Concello de Trabada mellora a rede viaria municipal en varios barrios do municipio

O Concello de Trabada mellora a rede viaria municipal en varios barrios do municipio

O Concello de Trabada vén de realizar actuacións de mellora en diversas vías de comunicación co obxectivo de continuar avanzando na modernización e mantemento das infraestruturas locais. As intervencións leváronse a cabo en diferentes barrios do concello, nomeadamente en Orrea, A Trapa, A Cachopa, O Chapizo, San Esteban, O Vilar e O Pantigal. Estas obras […]

O Concello de Trabada acada unha subvención de 60.000 euros para mellorar o complexo deportivo municipal

O Concello de Trabada acada unha subvención de 60.000 euros para mellorar o complexo deportivo municipal

O Concello de Trabada vén de conseguir unha nova axuda por importe de 60.000 euros ao abeiro da convocatoria de “Axudas para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos”. Esta subvención permitirá acometer unha mellora significativa do complexo deportivo, cun investimento […]

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados