A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, reivindicou hoxe en Madrid “unha discriminación positiva no financiamento local para os concellos pequenos, que son a maioría do país”. García Bermúdez participa hoxe representando ao Concello de Trabada na Comisión de Despoboación e Reto Demográfico da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp), na que se está […]
A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o delegado do goberno en Galicia, José Miñones, visitaron hoxe a antiga escola unitaria de Vilapercide, rehabilitada para uso público e social. No ano 2020, o goberno municipal conseguiu unha subvención por importe de 26.963,08 euros para a rehabilitación deste inmoble en Vilapercide, financiada con fondos que […]
O Concello de Trabada instalará este mércores, día 30, unha carpa informativa da campaña de compostaxe doméstica a fin de que os veciños e veciñas interesados en participar se poidan informar e inscribir. Entre as 11.00 e as 13.00 horas, na Praza do Concello de Trabada daranse as coñecer os detalles desta iniciativa ideada para […]
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e as concelleiras Julia Barcia Fernández e Suevia Reimonde Gasalla supervisaron as obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal. Na súa visita puideron comprobar que a renovación marcha a moi bo ritmo. O proxecto abarca a remodelación da primeira […]
O Concello de Trabada conseguiu unha subvención solicitada polo goberno local para impulsar un proxecto dirixido a aumentar a atención ás persoas maiores e xerar emprego, medidas fundamentais para o reto demográfico ao que se enfrontan os concellos rurais de todo o Estado. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, realizou persoalmente a memoria deste […]
O Concello de Trabada xa dispón de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio, un novo servizo para os seus veciños e visitantes. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e a concelleira Julia María Barcia visitaron hoxe estes puntos de recarga, emplazados nas inmediacións da área de autocaravanas de Ría de Abres, […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do comezo das obras realizadas de forma conxunta con Ribadeo para acondicionar e pavimentar un camiño supramunicipal que une a través dunha ponte as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e o alcalde de Ribadeo, […]
O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa do Concello. Para esta actuación, o concello conseguiu unha subvención de 20.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e […]
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, lembra que foi o concello quen conseguiu a subvención para pintar, reparar as humidades e selar as fendas e irregularidades da fachada da casa consistorial. “Despois da falta de lealdade institucional por parte da Xunta de Galicia, posto que os representantes do PP de Trabada fixéronse eco nas […]
O Concello de Trabada retoma as actividades deportivas dirixidas a persoas adultas de diferentes idades, co obxectivo de promover os hábitos de vida saudables. En concreto, o concello informa aos seus veciños e veciñas que dende o martes 4 de outubro reanúdase o programa “+ SÁUDE”, dirixido ás persoas maiores do municipio. “É un programa […]