A ALCALDESA ANUNCIA UN INVESTIMENTO DE 178.000 EUROS DA DEPUTACIÓN DE LUGO PARA RENOVAR UN VIAL QUE PERCORRE VARIOS NÚCLEOS DA PARROQUIA DE SANTE

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas dunhas obras para renovar un vial que percorre varios núcleos da parroquia de Sante, cun investimento de 177.853,56 euros e un prazo de execución de dous meses. A actuación foi aprobada hoxe en xunta de goberno pola Deputación de Lugo, respondendo á demanda da alcaldesa […]

O CONCELLO CONSEGUE UNHA SUBVENCIÓN PARA REHABILITAR A PRIMEIRA PLANTA DA CASA ESCOLA DE TRABADELA E DESTINALA A VIVENDA DE ALUGAMENTO SOCIAL

O Concello de Trabada conseguiu unha subvención do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para rehabilitar a primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal. O orzamento das obras de reforma é de 28.819,43 euros e a subvención obtida polo concello é de 25.937,48 euros. Unha vez rematada a actuación, […]

O CONCELLO DE TRABADA INAUGUROU ONTE O CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2022

Na xornada de onte deu comezo o campamento urbano de verán 2022 do Concello de Trabada. Grazas a esta actividade, un total de 19 nenos e nenas gozarán ata o mes de setembro de propostas de ocio e lecer en horario de mañá. No campamento participa un grupo de cativos e cativas de entre 3 […]

TRABADA E RIBADEO CONSEGUEN A SUBVENCIÓN QUE SOLICITARON Á XUNTA PARA ACONDICIONAR A PONTE DE UNIÓN ENTRE AS PARROQUIAS DE VALBOA E CEDOFEITA

Os concellos de Trabada e Ribadeo conseguiron a subvención que solicitaron de forma conxunta á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un camiño supramunicipal que une a través dunha ponte as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. “Agradecemos a axuda pero lamentamos que […]

TRABADA APROBA UN CONVENIO CO CONCELLO DE RIBADEO PARA O SUBMINISTRO DE AUGA A VILARBETOTE, SANTE, A RABEXA, PEDRIDO, PACIOS, SAN MARTIÑO E VILAFERNANDO

O pleno do Concello de Trabada aprobou esta mañá cos votos a favor en solitario do grupo municipal socialista un convenio co Concello de Ribadeo para o subministro de auga aos núcleos de Vilarbetote, Sante, A Rabexa, Pedrido, Pacios, San Martiño e Vilafernando. O abastecemento de auga nestas parroquias prodúcese a través dunha captación no […]

A ALCALDESA LAMENTA “O RECORTE NAS AXUDAS DA XUNTA PARA COFINANCIAR ACTIVIDADES CULTURAIS” NOS CONCELLOS POLOS QUE TRANSCURRE O CAMIÑO

A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra García Bermúdez, lamenta o recorte da Xunta de Galicia “na convocatoria de axudas aos concellos polos que transcurren as rutas do Camiño de Santiago”. En concreto, as axudas están destinadas a cofinanciar as programacións culturais realizadas por entidades locais polas que discorren os diferentes Camiños de Santiago con […]

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados