O Concello de Trabada continúa avanzando na mellora da súa rede viaria rural grazas a unha nova axuda de 59.102 euros ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025–2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Este investimento permitirá actuar sobre diversos camiños nos lugares de Pacios, A Retorta, Follabal e Val das Eguas, con actuacións […]
O Concello de Trabada vén de conseguir unha axuda de 19.999,99 euros a través do programa de corrección de impactos paisaxísticos do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Esta achega permitirá executar a substitución da cuberta e a instalación de novos canalóns na antiga escola de Vidal, co obxectivo de mellorar a […]
Os Concellos de Trabada, Lourenzá e Barreiros remitiron unha carta conxunta á Conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia para esixir a activación inmediata das axudas prometidas ao sector da faba, comprometidas publicamente o pasado 14 de marzo durante unha reunión en Ribadeo. Tal e como figura no escrito oficial, os tres concellos trasladan […]
O Concello de Trabada acollerá este sábado unha das citas máis significativas do seu calendario social: o tradicional Encontro dos Maiores. Unha xornada de convivencia na que está prevista a participación de case 300 persoas, consolidándose como unha das actividades máis destacadas e emotivas do ano. Esta celebración supón unha oportunidade para render homenaxe ás […]
O vindeiro 24 de maio, o barrio de Sante acollerá o I Descenso de Carrilanas, un evento organizado pola Asociación de Veciños San Julián de Sante coa colaboración do Concello de Trabada, a Xunta de Galicia e outros colectivos e patrocinadores. A xornada arrancará coa verificación dos vehículos entre as 11:30 e as 13:00 horas, […]
O Concello de Trabada vén de realizar actuacións de mellora en diversas vías de comunicación co obxectivo de continuar avanzando na modernización e mantemento das infraestruturas locais. As intervencións leváronse a cabo en diferentes barrios do concello, nomeadamente en Orrea, A Trapa, A Cachopa, O Chapizo, San Esteban, O Vilar e O Pantigal. Estas obras […]
O Concello de Trabada organiza unha nova edición da tradicional celebración de San Fernando, que terá lugar o venres 30 de maio na capela de San Fernando (Valboa). A xornada incluirá misa, encontro campestre e actividades para todos os públicos, mantendo viva unha das citas máis emblemáticas da zona. O evento dará comezo ás 12:00h […]
O Concello de Trabada abre este luns o prazo de inscrición para os campamentos de verán 2025, un programa xa consolidado dentro das políticas municipais de conciliación familiar e que este ano presenta como principal novidade a creación dun campamento xuvenil dirixido ao alumnado de secundaria. O campamento de verán, destinado a nenos e nenas […]
A promoción da VI Festa da Enfariñada de Trabada dará un paso máis coa súa presenza na Festa da Filloa de Muimenta este xoves 1 de maio. O Concello de Trabada aposta por esta iniciativa para difundir un dos pratos máis tradicionais da Mariña lucense e convidar a veciños e visitantes a gozar da celebración […]
As instalacións do CAM de Trabada acolleron este xoves unha celebración moi especial: o seu sexto aniversario. Ao acto asistiron o alcalde, Rubén García, e o concelleiro Pablo González, que quixeron acompañar ás persoas usuarias nesta data tan significativa. Durante a celebración, os asistentes gozaron da actuación musical do grupo Sons de Celeiro, que puxo […]