O Concello de Trabada asina a cesión da antiga escola de Villafernando para uso social coa Diócese de Mondoñedo-Ferrol

O Concello de Trabada asina a cesión da antiga escola de Villafernando para uso social coa Diócese de Mondoñedo-Ferrol

O Concello de Trabada vén de formalizar a cesión gratuíta da antiga escola de Villafernando, tras a sinatura dun acordo coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol, propietaria do inmoble. O acto contou coa presenza do ecónomo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, quen participou na sinatura xunto ao alcalde de Trabada, culminando así un proceso de colaboración entre ambas […]

A colaboración entre o Concello de Trabada e a Asociación Saúde Mental A Mariña repítese un ano máis coa elaboración das cuncas da Enfariñada

A colaboración entre o Concello de Trabada e a Asociación Saúde Mental A Mariña repítese un ano máis coa elaboración das cuncas da Enfariñada

 O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu no día de hoxe no Concello aos membros da Asociación Saúde Mental A Mariña, entidade coa que o municipio mantén unha colaboración continuada ao longo dos últimos anos. Esta asociación foi a encargada de elaborar as cuncas que se empregarán na vindeira edición da Festa da Enfariñada, reforzando […]

Trabada contará cunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo

Trabada contará cunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de conseguir unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia para a creación dunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo municipal, cun investimento total de 30.000 euros. Esta actuación permitirá seguir ampliando os servizos dun espazo que xa conta con múltiples instalacións deportivas e de lecer como pista de […]

Trabada acollerá a súa primeira Ruta Cabalar o vindeiro 18 de abril

Trabada acollerá a súa primeira Ruta Cabalar o vindeiro 18 de abril

O Concello de Trabada acollerá o vindeiro 18 de abril a celebración da I Ruta Cabalar, unha nova iniciativa organizada pola asociación Cabaleiros de Trabada, un colectivo de recente creación no municipio, que conta coa colaboración do propio Concello. A xornada dará comezo ás 10:00 horas coa saída desde o colexio de Trabada e contará […]

O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de mellora nas estradas e vías municipais no núcleo de Vilarbetote, unha actuación que contou cun investimento de máis de 50.000 euros. Este proxecto forma parte dun convenio asinado no pasado ano coa Deputación de Lugo, no marco do cal tamén se levarán a cabo outras actuacións no municipio como: a renovación do parque infantil de Fórnea e a mellora dos accesos á antiga escola tamén desta parroquia, a actuación nos accesos ao lugar de Louro, en Sante, o pintado do teleclub de Vilaformán e a mellora do teleclub da parroquia da Vilapena. O alcalde de Trabada, Rubén García, visitou o remate das obras acompañado pola concelleira Rosa Pérez Prieto, destacando que “continuamos traballando na mellora das nosas infraestruturas e espazos públicos, intentando chegar ao conxunto do territorio e realizar actuacións nas oito parroquias do noso concello”. O rexedor anunciou ademais que nas vindeiras semanas se darán a coñecer novas actuacións que se levarán a cabo tanto noutros puntos do municipio como no propio núcleo de Vilarbetote, dando continuidade a esta liña de investimento e mellora continua. Desde o Concello subliñan o seu compromiso coa modernización das infraestruturas municipais e coa mellora da calidade de vida da veciñanza.

O Concello de Trabada remata as obras de mellora viaria no núcleo de Vilarbetote

  O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de mellora nas estradas e vías municipais no núcleo de Vilarbetote, unha actuación que contou cun investimento de máis de 50.000 euros. Este proxecto forma parte dun convenio asinado no pasado ano coa Deputación de Lugo, no marco do cal tamén se levarán a cabo outras […]

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados