Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO CONSIGUE UNHA SUBVENCIÓN DE 30.000 EUROS PARA MELLORAR OS ACCESOS ENTRE O APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS E A ÁREA DE CHOZA

O CONCELLO CONSIGUE UNHA SUBVENCIÓN DE 30.000 EUROS PARA MELLORAR OS ACCESOS ENTRE O APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS E A ÁREA DE CHOZA

O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención, neste caso de 30.000 euros, para unha actuación destinada a mellorar os accesos entre o aparcadoiro de autocaravanas e a área recreativa de Choza.

A convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondeu á Axencia de Turismo de Galicia e o prazo de presentación das solicitudes comezou na medianoite do pasado 10 de febreiro.

O procedemento elixido polo organismo autonómico, outorgando as axudas por orde de chegada das mesmas, obrigou unha vez máis á alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, a tramitar persoalmente a solicitude ás doce da noite.

“Son eu mesma a que se encarga de facelo, porque teño a formación suficiente e ademais evito que sexan os empregados municipais os que teñan que facelo fora do seu horario laboral e na fin de semana. A pesar das incidencias da sede electrónica da Xunta, conseguín tramitar en catro minutos a solicitude desta subvención”, engade García Bermúdez.

No pasado outono, o concello conseguiu outra subvención de 30.000 euros para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas.

Despois da elevada ocupación rexistrada durante o pasado verán no aparcadoiro, “queremos seguir mellorando este espazo, que conta tamén cunha zona de picnic que valoran moitísimo os usuarios”, remata a alcaldesa.

Página anterior O CONCELLO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA MELLORAR O TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO QUE UNE A CAPITALIDADE DO MUNICIPIO COA FONTE DE PORTO DO MALLE

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol