O programa “Viaxa co Concello de Trabada” enche todas as prazas na súa viaxe a Cantabria

O programa “Viaxa co Concello de Trabada” enche todas as prazas na súa viaxe a Cantabria

O Concello de Trabada está a desenvolver esta fin de semana unha nova edición do programa “Viaxa co Concello”, que nesta ocasión ten como destino Cantabria.

A viaxe, que se celebra do 19 ao 21 de setembro, completou todas as prazas dispoñibles e conta cunha alta participación veciñal. O programa inclúe visitas a lugares emblemáticos como a Cueva El Soplao, Comillas, Santillana del Mar, Santander ou Cangas de Onís.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “se cubriron todas as prazas ofertadas e mesmo houbo máis solicitudes que prazas dispoñibles, o que demostra a boa acollida que está a ter este programa entre a veciñanza”.

O rexedor subliñou ademais que con esta iniciativa “ofrecemos aos nosos veciños e veciñas a oportunidade de descubrir novos lugares con todas as comodidades, nun ambiente de convivencia e desfrute”.

O Concello confirma que o programa “Viaxa co Concello de Trabada” terá continuidade, con novas saídas de diferente duración a distintos destinos, tanto dentro de Galicia como fóra da comunidade autónoma.

Página anterior Comezaron as obras de mellora do vial que une Fórnea e Vilamartín Pequeno, impulsadas polos Concellos de Trabada e Barreiros

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados