Rematan as obras de aforro enerxético na rede de luz pública en cinco núcleos de Trabada

Rematan as obras de aforro enerxético na rede de luz pública en cinco núcleos de Trabada

O Concello de Trabada vén de concluír as obras do proxecto de aforro enerxético na rede de alumeado público, que permitiron substituír as luminarias nos núcleos de Vilar, Trabada, Vidal, Vilarbetote e Vilafernando. 

A actuación contou cun investimento total de 51.608,25 euros, dos cales 32.000 € foron achegados a través do Fondo de Compensación Ambiental e os 19.608,25 € restantes foron asumidos con fondos propios municipais. 

Este proxecto supón unha mellora importante tanto desde o punto de vista medioambiental como no aforro enerxético e económico, ao tempo que ofrece unha iluminación máis eficiente e moderna para a veciñanza destes cinco núcleos. 

O alcalde de Trabada, Rubén García, salientou que “rematamos unha actuación moi necesaria, que vai permitir reducir consumo e custos, avanzar na sustentabilidade e mellorar a calidade da iluminación pública. Desde o Concello seguimos apostando pola modernización dos servizos básicos e pola protección do medio ambiente, con proxectos que benefician a toda a veciñanza”. 

Con esta obra, o Concello de Trabada reafirma a súa aposta por infraestruturas máis sostibles e eficientes, que contribúan ao aforro de recursos e á mellora da calidade de vida no municipio.

Página anterior O programa “Viaxa co Concello de Trabada” enche todas as prazas na súa viaxe a Cantabria

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados