O Concello de Trabada asina un acordo coa Deputación de Lugo para garantir o mantemento da residencia de maiores

O Concello de Trabada asina un acordo coa Deputación de Lugo para garantir o mantemento da residencia de maiores

O Concello de Trabada asinou o pasado venres un convenio coa Deputación de Lugo para que esta se faga cargo do custe total da diferenza entre o custo real das prazas da residencia de maiores e o que pagan as persoas usuarias. Deste xeito, o Concello só terá que asumir pequenos custes de mantemento, asegurando a continuidade dun servizo esencial para a poboación maior do municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca a importancia deste acordo e considera que “este é o modelo de centro de maiores que funciona, o modelo ideal para a nosa provincia. Este paso dado pola Deputación, asumindo o custe de todos os centros de maiores cos que conta na provincia, reflicte ese compromiso e protexe aos concellos pequenos como Trabada”.

O alcalde agradece o apoio da presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e do deputado Pablo Rivera, así como de toda a institución provincial, polo seu esforzo en garantir que os servizos básicos para a poboación maior non se vexan afectados e para que os concellos pequenos poidan manter a súa viabilidade.

Dende a Alcaldía, reitérase o compromiso do Concello de Trabada coa protección dos servizos públicos esenciais, promovendo medidas que permitan manter unha atención de calidade á poboación maior do municipio.


O Concello de Trabada asina un acordo coa Deputación de Lugo para garantir o mantemento da residencia de maiores 2

Página anterior Trabada solicita unha subvención para mellorar dous camiños rurais nas parroquias de Sante e Valboa

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados