Trabada inicia o curso escolar tras realizar diferentes melloras nas instalacións do colexio

O colexio de Trabada inicia un novo curso escolar despois de que o Concello realizase nos últimos días diferentes traballos de mantemento e mellora das súas instalacións.

As intervencións levadas a cabo incluíron a mellora das portas de entrada ao centro, a substitución de cristais das fiestras e a reparación das persianas.

O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destaca «o importante esforzo que realizamos desde o Concello para coidar as instalacións do colexio e mantelas nas mellores condicións posibles para os nenos e nenas».

Coincidindo co inicio do novo curso, o Concello reforza tamén os recursos dirixidos ás familias. O vindeiro luns, 14 de setembro, comezarán os programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns.

O servizo de Madrugadores desenvolverase de 8:00 a 9:30 horas, mentres que Ludiseráns funcionará de 15:30 a 19:00 horas.

Nas próximas semanas está previsto tamén o inicio do servizo do Punto de Atención á Infancia (PAI), ampliando os recursos dispoñibles para facilitar a conciliación e apoiar ás familias de Trabada.

O Concello continuará traballando tanto no mantemento das instalacións educativas como na prestación de servizos de proximidade que respondan ás necesidades das familias.

Página anterior Rematan as obras de mellora dos accesos á antiga escola da parroquia de Fórnea

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados