O Concello de Trabada recibiu unha notificación da Xunta de Galicia na que se lle comunica a concesión dunha axuda de 40.359,73 euros para levar a cabo un proxecto de mellora da rede de abastecemento de auga potable nos lugares de Cima de Vila, Vilapercide, Escanarega e Porto do Malle.
O goberno autonómico denegara nun principio a solicitude da subvención, alegando que non se aportara unha documentación que nin tan sequera se requerira por parte da Xunta.
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, presentou de inmediato un recurso de reposición ao non estar dacordo con esa decisión, explicando que toda a documentación estaba enviada de forma correcta.
Finalmente, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia deu a razón ao concello, que obtén a axuda.
Destacase o apoio financierio da unión europea
“No concello estabamos convencidos de que a razón era nosa e a concesión da axuda é unha moi boa nova, xa que servirá para mellorar os servizos das parroquias e, en definitiva, a vida diaria dos nosos veciños”, afirma Mayra García Bermúdez.